O BARCO

Pouco respeto por unha ponte en O Barco

fotodenuncia_20-01-2016_2_result
photo_camera Escombros al lado de la puente romana en el regueiro de Vianova.

Da a impresión de que no concello de O Barco hai unha parte dos seus veciños que teñen pouco ou escaso respeto pola historia e os seus monumentos. Xa me dirán senón é indignante comprobar como persoa, ou persoas descoñecidas, foron tirar lixo de obras a carón desta pequena pero coqueta ponte romana que salva o regueiro de Vilanova, en O Córrego. Por certo, que á ponte tampouco lle viría mal un pequeno adecentamento e o reforzamento da súa estructura.

Te puede interesar