O entorno da fonte termal de O Bañiño, situada á beira do río Arenteiro na parroquia carballiñesa de Arcos, presenta certo estado de abandono, según os seus usuarios.
O estanque que recolle a auga do manancial está tupido e o entorno aparece todo inundado, sinalan. Así, para poder beber do caño ou encher unha garrafa, teñen que utilizar os restos dun banco de madeira -roto por vándalospara non mollar os pés. Os agüistas lembran que a esta fonte veñen ducias de persoas tódolos días e as autoridades deberían acondicionar este espazo.