Aprazado o roteiro sobre as orixes da vila ata o 15 de xaneiro

O Carballiño 15/3/20
Crisis Coronavirus
Avenida Julio Rodríguez Soto 
Fotos Martiño Pinal
photo_camera O Carballiño, Avenida Julio Rodríguez Soto.

A mala previsión meteorolóxica para este domingo, 8 de xaneiro, no que se anuncian fortes choivas, motiva que o Centro de Estudios Chamoso Lamas suspenda o roteiro programado e o traslade ao domingo seguinte, 15 de xaneiro.

Trátase de proseguir co traballo de investigación sobre as orixes do Carballiño do historiador carballiñés Carlos Montes, que xa foi obxecto dun roteiro celebrado o pasado mes de
setembro e que nesta ocasión vaise ampliar para dar a coñecer algunhas das edificacións máis significativas e emblemáticas da vila, así como dos seus moradores. Percorrerá edificiacións aínda existentes e tamén sobre antigas ubicacións xa desaparecidas como o primeiro casino do Carballiño, o que alberga ao actual casino ou a casa do Beato Jacobo Fernández, entre outras.

A cita será o 15 de xaneiro, ás 11,30 horas, no Asilo dos Irmáns Prieto.

Te puede interesar