Beariz inicia un plan de aforro enerxético en cinco localidades

O Concello de Beariz destinou un total de 46.000 euros a un proxecto de aforro enerxético, que foi adxudicado á empresa Esinor Sistemas, para a súa aplicación nas aldeas de Magros, Correa, Alén, Framia e Abeleira.
O alcalde, Manuel Prado, indicou que 'as principais vantaxes deste novo programa son un aforro superior ó 40% no consumo e o axuste da potencia lumínica según as necesidades reais de alumeado e a inclusión dun sistema de detección de calquera acto vandálico, que envía un aviso ó traverso dunha mensaxe de móbil'.

Por outra banda, as instalacións de farolas están xestionadas informaticamente, cunha representación cartográfica dos elementos que facilita a localización de calquera avaría.

Te puede interesar