O BNG alerta do peche da oficiña de liquidación

A asamblea local do BNG do Carballiño remitiu un escrito dirixido á alcaldía onde expón as súas inquedanzas pola posible desaparición da Oficiña de Liquidación, que ata o momento tramitaba para os cidadáns da comarca os pagos dos impostos de sucesións e transmisións patrimoniais, as operacións societarias e todo tipo de actos xurídicos.
A voceira nacionalista na Corporación municipal, Áurea Francisco, suliña que 'en canto de achegar a Administración ó administrado, agora quérese centralizar iste servizo na cidade, apartándose do criterio de proximidade, e alegando que se aforran cartos e persoal'. Neste sentido, o BNG apunta que 'non é certo que haxa aforro, porque iste tipo de servizos funciona gracias ós impostos que pagamos os veciños, que son os que deben saír beneficiados'. A concelleira Áurea Francisco estima que son perto de 40.000 persoas as afectadas pola supresión da oficiña liquidadora, 'e que agora van ter un gasto máis para desplazarse ata Ourense'.


XULGADOS

O BNG presentará ante as corporacións municipais da comarca (nove en total) unha moción para que se inste á Xunta e ó Goberno estatal á conxervación desta oficiña no Carballiño, que na actualidade ocupa unhas dependencias anexas ó Rexistro da Propiedade, na rúa Cuba da vila do Arenteiro.

O alcalde, Argimiro Marnotes, amosou a súa sorpresa polo posible peche desta oficiña. 'Non teño ningunha información ó respecto', asegurou o rexedor carballiñés.

Te puede interesar