POLÍTICA

O BNG carballiñés pide información sobre os actos institucionais

O BNG tamén dirixiu dúas preguntas á Alcaldía, unha referida á data prevista para a aprobación do organigrama laboral do Concello, e outra sobre as xestións ante o Adif para a recuperación das liñas de ferrocarril suprimidas.

O concelleiro do Bloque Nacionalista Galego no Carballiño, Xosé Francisco Ferreiro Abelleira, presentou unha moción para debate plenario na que insta ó equipo de goberno de Francisco Fumega a mellorar a información e o protocolo nos actos do Concello. O voceiro nacionalista asegura que o goberno municipal "non garda as mínimas normas de protocolo institucional en canto a información e representación nos actos institucionais, e non convida ós representantes da oposición para que asistan ós mesmos".

Ferreiro Abelleira, asemade, lembra que "exemplos de falla de delicadeza e desprezo á oposición son múltiples, tanto é así que mesmamente convírtense en actos de mala educación". Por todo elo, o BNG propón que o grupo de goberno informe puntualmente, e coa suficiente antelación, a toda a Corporación dos actos de carácter protocolario. Ademais, os nacionalistas consideran que a xunta de portavoces debe ter información puntual da programación deste tipo de actos e visitas de cargos doutros organismos ou institucións.

O BNG tamén dirixiu dúas preguntas á Alcaldía, unha referida á data prevista para a aprobación do organigrama laboral do Concello, e outra sobre as xestións ante o Adif para a recuperación das liñas de ferrocarril suprimidas.

Te puede interesar