partidos

O BNG critica a adxudicación das obras de mellora enerxética

Os concelleiros, Xosé Francisco Ferreiro e Sofía García, consideran que é "grave e inexplicable, que existindo empresas do ramo no noso concello, empresas que tributan no Carballiño, se convide a outras de Pontevedra"

O grupo municipal do BNG do Carballiño pide explicacións ao alcalde sobre os motivos polos que convidou a tres empresas de Pontevedra para a contratación da obra de mellora da eficiencia enerxética na rede de alumeado público na Área Empresarial. Os concelleiros, Xosé Francisco Ferreiro e Sofía García, consideran que é "grave e inexplicable, que existindo empresas do ramo no noso concello, empresas que tributan no Carballiño, se convide a outras de Pontevedra". En todo caso, apuntan os nacionalistas que de non estar dispoñible ningunha empresa do municipio deberíase recurrir a outras da comarca ou da provincia de Ourense.

Xosé Francisco Ferreiro asegurou que, por este motivo, "hai malestar no sector empresarial do Carballiño", matizando que "non é a primeira vez que se convida a empresas de fóra".

Te puede interesar