Os seus compañeiros lembraron a súa humanidade e o seu amor por Galicia

O BNG homenaxea o finado concelleiro de Cea Xosé Manuel Quintela con unha placa

Os compañeiros de Corporación de Xosé Manuel Quintela descubriron a placa.   (Foto: Martiño Pinal)
O BNG da comarca do Carballiño rindiu onte unha homenaxe ó concelleiro de Cea, Xosé Manuel Quintela, finado fai dous anos. No seu pobo de Madrás celebrouse un emotivo acto no que non faltaron as palabras de lembranza sobre a súa gran humanidade e a súa laboura en favor do nacionalismo, ademáis da música, o canto e a poesía. Os compañeiros tamén descubriron unha placa no seu honor.
Amigos e familiares lembraron onte a Xosé Manuel Quintela, o concelleiro do BNG en Cea, que finou repentinamente fai agora dous anos. A homenaxe desenvolveuse entre o cemen terio e a carballeira do pobo de Mandrás, onde residía Quintela. Ata alí desprazáronse numerosos amigos da comarca e provincia para asistir a un emotivo acto, que empezaba cunha ofrenda floral no panteón e a lembranza da súa persoa tanto pola súa gran humanidade como pola laboura desenrolada no ámbito do nacionalismo e na política municipal, na que os seus compañeiros destacaron o gran amor que sentía polo seu pobo. A música, coa actuación, entre outros, de Herminio Iglesias, as cancións e a poesía formaron parte da homenaxe, que incluiu o descobremento dunha placa, ubicada na carballeira de Mandrás, para que as vindeiras xeracións sepan quen foi Xosé Manuel Quintela.

Te puede interesar