CARBALLIÑO

O BNG pide que o Concello asesore ós pensionistas retornados

O BNG do Carballiño defenderá en pleno unha moción de apoio ás persoas que reciben pensións do extranxeiro. 

Ante os requerimentos que a Axencia Tributaria lles está a facer a moitos pensionistas carballiñeses, beneficiarios de pensións que perciben do extranxeiro, Áurea Francisco Lorenzo, voceira do BNG, presentou a moción instando ao Concello a defender e asesorar a todas as persoas afectadas que o precisen.

Os requerimentos da Axencia Tributaria comprenden os anos 2008, 2009, 2010 e 2011 e estanse producindo dunha forma masiva en Galicia nos últimos meses, según sinala a concelleira, "afectando a milleiros de pensionistas retornados que nunca recibiran información en relación coa obriga de declararen as contías percibidas no extranxeiro.

Para Áurea Francisco esta campaña "é inmoral" e calificou de "noxento que o Goberno se mostre tan brando cos verdadeiros evasores fiscais con grandes cantidades millonarias e sexa tan “estricto” coas persoas que traballaron no estranxeiro ante a imposibilidade de poder facelo na súa terra". Tamén pedirá o acordo plenario para que o goberno español anule os expedientes sancionadores e que se inicie unha campaña para informar adecuadamente ós pensionistas das obrigas tributarias futuras excluindo os exercicios 2008-2012.

Te puede interesar