CARBALLIÑO

Boborás mellora os accesos aos montes comunais de Batallas e Laxa

Díaz Mouteira aproveitou para destacar que os concellos de Ourense recibirán este ano da Consellería de Medio Rural unha axuda total de 3,7 millóns de euro

A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, trasladouse onte ata o Concello de Boborás para supervisar os traballos de acondicionamento de varios camiños municipais executados ao abeiro do Plan Marco do ano pasado. 

Díaz Mouteira aproveitou para destacar que os concellos de Ourense recibirán este ano da Consellería de Medio Rural unha axuda total de 3,7 millóns de euros a cargo deste programa para o acondicionamento de camiños de titularidade municipal. En Boborás levouse a cabo a mellora dos camiños de acceso aos montes en man común de Batallas e Laxa, por un montante de 59.395 euros. 

Te puede interesar