BOBORáS

Boborás tramita a condonación das sancións fiscais aos retornados

Pódense solicitar dende o pasado 1 de xaneiro de 2015 nas propias oficinas municipais onde se facilitará a información e o formulario.

 O Concello de Boborás tramita a condonación das multas, sancións e intereses das declaracións estranxeiras impostas por Facenda ós emigrantes retornados. Pódense solicitar dende o pasado 1 de xaneiro de 2015 nas propias oficinas municipais onde se facilitará a información e o formulario a presentar, así como se axudará a cumprimentalo correctamente e a reenvialo a Axencia Tributaria. Tamén se pode facer o trámite por internet, tendo certificado electrónico, así como coa presentación dun formulario que se pode descargar na páxina ou solicitar nas oficinas da Axencia Tributaria Galega.

Te puede interesar