Campaña de recollida de xoguetes para o Nadal en Boborás

O Concello de Boborás pon en marcha, por segundo ano consecutivo, a Campaña 'O Xoguete Solidario'. Trátase dunha iniciativa para a recollida de xoguetes coa fin de que ningún neno se quede sen un agasallo no vindeiro Nadal, 'a pesares da actual crise que agravou a situación económica dalgunhas familias e dada a boa acollida que tivo a edición anterior', indicaron os responsables municipais.
Para esta campaña, as autoridades piden a colaboración dos veciños para que aporten preferentemente xoguetes educativos, de mesa, libros ou calquera outro agasallo que poida ser usado polos rapaces con menos de 16 anos.

O prazo para entregar xoguetes nas dependencias municipais xa está aberto e rematará o venres 14 de decembro, para a súa clasificación.

Te puede interesar