O CARBALLIÑO

O Concello solicitará unha moratoria para os velorios

<p></p>
photo_camera Un dos velatorios legais é o de Maside, que depende do Concello

Considera que as administracións autonómica e local deben axudar aos veciños para legalizalos

O grupo de goberno do Carballiño presenta unha moción de urxencia no pleno de hoxe, na que pide o apoio da Corporación para solicitar á Xunta de Galicia que, en primeiro lugar, ofreza unha moratoria ós velorios do rural para aplicar o Decreto de Sanidade Mortuoria e, ó mesmo tempo, oferte axudas ós colectivos veciñais para que poidan realizar as reformas necesarias nos seus centros sociais, que os adecúen á normativa vixente.

De aprobarse a moción, o Concello do Carballiño será un dos primeiros da provincia en tomar medidas para afrontar as consecuencias da circular que está remitindo a Consellería de Sanidade recondándolles que teñen a responsabilidade de controlar a legalidade dos locais onde se velan os difuntos, e tendo en conta que na práctica totalidad dos municipios hai centros sociais que os veciños dedican a ese fin, pese a non estar adaptados á normativa.

Sanidade decidiu dirixirse ós concellos a raíz de tres denuncias contra outras tantas funerarias que se presentaron desde finais do último verán. “Estamos seguros que a maioría dos colectivos veciñais están dispostos a facer un esforzo para decuar as súas instalacións, pero dende o Concello e a Xunta debemos axudarlles neses proxectos”, sinala o alcalde do Carballiño, Francisco Fumega.

Con tal motivo, Fumega manterá unha reunión coas asociacións veciñais do rural, acompañado pola edil de Medio Rural Charo González, para expoñerlles estas peticións da Xunta, “xa que entedemos que para os veciños do rural é imprescindible manter este servizo de velatorios, aínda que entedemos tamen que deben estar acordes co que marca a lei”.

Na actualidade case o 100% dos veciños do rural contemplan as súas sedes veciñais como velorios, segundo apunta o gobierno socialista, e espera que se manteñan para que non haxa discriminación en relación co casco urbano.

Por eso, o goberno local espera que a moción reciba o apoio dos restantes grupos municipais, para que a petición á Xunta de Galicia estea avalada por toda a Corporación.

Te puede interesar