O eido laboral é obxecto dun seminario en Piñor

O Concello de Piñor organiza entre hoxe, xoves, e mañá, venres, unhas xornadas didácticas para empresarios, traballadores, parados e veciños en xeral. O curso, que se celebra no salón de plenos ás 19.00 horas, ten como obxectivo formar ós asistentes no eido laboral, contando para elo con profesionais do propio Instituto da Seguridade Social.
Entre os temas a tratar destacan a lexislación laboral actual, dereitos e deberes do traballador, tipos de contratos, xornadas e descansos, despidos, réximes na Seguridade Social e os diferentes tipos de empresas que se poden crear. O alcalde de Piñor, Francisco José Fraga, suliña que 'esta é unha formación básica e ampla sobre todo o que rodea ó ámbito laboral, e que toda persoa precisa tanto para non ver vulnerados os seus dereitos coma se ten a súa propia empresa'.

Neste sentido, os organizadores das xornadas, que contan co patrocinio da Secretaría Xeral de Emigración e do Ministerio de Traballo, invitan especialmente ós veciños que se atopen en situación de desemprego, tendo en conta que teñen caracter gratuito e se entregará un diploma.

Te puede interesar