MÚSICA

Emilio Rúa presenta o disco ‘Querida Alegría' no Carballiño

Este CD está composto por temas inéditos e temas de anteriores discos revisados e adaptados de novo

O cantautor ourensán Emilio Rúa actuará o sábado, 9 de abril, no Auditorio municipal do Carballiño, nun concerto no que presentará o seu último disco “Querida alegría”. Trátase dunha producción na que colaboraron artistas como Daniel Minimalia, Kepa Junquera, Carlos Blanco, Xestreu Cantareiras, Coral do Liceo de Ourense e Cantareiras de Queixumes dos Pinos. 

Este CD está composto por temas inéditos e temas de anteriores discos revisados e adaptados de novo, así como versións de temas populares galegos como Pousa, Andar Miudiño e A Carolina. Ademáis dos temas deste último disco, Emilio Rúa interpretará neste concerto unha selección das cancións contidas en anteriores álbumes, como os editados no 2000 “Emilio Rúa”, no 2006 “Vida Minha”, no 2010 “Interior” e no 2014 “Destino Sur”.

Te puede interesar