A Ínsua dos Poetas, en Madarnás, acolleu onte a cuarta edición da 'Festa da Palabra'. Académicos, veciños e políticos fixeron deste espazo natural un foro reivindicativo na defensa da natureza e da provincia.

Un espazo para as reivindicacións

En primer término, la escultura 'Irmaus' de Manuel Penín 'observa' también la entrega de premios. (Foto: XESÚS FARIÑAS)
Oceo neboento e un vento fresco anunciaban onte unha choiva que non chegou a ameazar en ningún momento a celebración da cuarta edición da 'Festa da Palabra' na paraxe natural da Ínsua dos Poetas, creada por Luis González Tosar na parroquia carballiñesa de Madarnás. Unhas 300 persoas, entre académicos, artistas, políticos e veciños das localidades de Cangues, Corneda, Reádigos e Loureiro, do Irixo, quixeron acompañar ás xentes da cultura que protagonizaron o programa, adicado á figura de Celso Emilio Ferreiro, ó que se adicou o Día das Letras Galegas.
O ambiente reivindicativo xa se albiscaba coa instalación de dúas mesas da plataforma 'Incineradora non' e da coordenadora veciñal 'Incineradora no Irixo, contarias á planta de tratamento de residuos.Foi o propio Tosar quen abriu o acto, pasadas as 12.20 horas, para 'incorporar' ó alcalde do Irixo, Manuel Penedo, do PP, á lexión dos Lucifer, Leviathan ou Belcebú, entre outros, pola defensa da devandita planta, ademais de agradecer a José Luis Baltar, alí presente, o seu apoio ó proxecto da Ínsua. De seguido, interviron o biógrafo de Ferreiro, Ramón Nicolás, e o profesor Xesús Alonso Montero. Iste escritor do Ribeiro pediu que o poema 'Irmaus' do poeta celanovés 'sexa traducido ás 7.200 linguas que se falan no mundo'.

O presidente da Real Academia Galega, Xosé Luis Méndez Ferrín, defendeu que 'os montes do Testeiro que teño detrás se convirtan na alma indomable dos veciños que se opoñen á instalación dese artefacto incinerador, ó igual que o fixeron os ribeiraos en contra do encoro de Castrelo'. Calificou de 'meteoro' a Celso Emilio e asegurou que 'síntome orgulloso de ter respirado o mesmo aire que él alentaba'. A continuación, Tosar e Ferrín, xunto co conselleiro de Cultura, Xesús Vázquez; o presidente da Deputación, Manuel Baltar, e o alcalde do Carballiño, Argimiro Marnotes, retiraron a bandeira galega que cubría unha escultura en bronce deseñada por Manuel Penín e que tenta reflexar o citado 'Irmaus', baixo os acordes das gaitas de Marcos Foxo e Tania Álvarez, da Real Banda de Gaitas.


COMPROMISO

A música tería a súa continuidade cun recital a cargo de María do Ceo, que interpetou os versos armonizados de 'María Soliña' e 'Moraima' de Ferreiro, para rematar co canto do poema habanero 'Olliño de mel', do propio Tosar. O conselleiro de Cultura, Xesús Vázquez, fixo mención na sáu intervención á obra máis coñecida doe Celso Emilio, 'Longa noite de pedra', editada por vez primeira no ano 1962, 'xa que se converteu, nas décadas dos 60 e 70 do pasado século, nun referente da lírica máis comprometida, implicada na denuncia da orde social imperante e na busca dunha nova realidade', indicou o representante da Xunta.

O acto foi pechado por Manuel Baltar, quen vaticinou que 'esta ínsua de Madarnás vaise converter no noso refrente en Ourense, coma xa é, por exemplo, o Monte Pindo na Coruña'. Neste mesmo sentido o presidente da Deputación engadiu que 'a ourensanía é un xeito propio de galeguismo, un sentimento privativo pero non excluínte dos ourensáns'. Rematou afirmando que 'Ourense existe e tamén existen os dereitos dos cidadáns dos 92 concellos da provincia, todos por igual'.

Te puede interesar