A proposta, do Centro de Estudos Chamoso Lamas, fai fincapé en que o ferrocarril chegou tarde

Unha exposición fotográfica e un documental conmemoran a chegada do tren fai 50 anos

Con motivo do 50 aniversario da chegada do ferrocarril á comarca do Carballiño, o Centro de Estudios Chamoso Lamas presentará unha exposición fotográfica e documental sobre a construcción da liña e as repercusións da súa apertura.
O Centro de Estudos Chamoso Lamas da comarca do Carballiño conmemora o 50 aniversario da chegada do ferrocarril, e o fai o próximo 27 de decembro coa presentación da exposición fotográfica e documental chamada ‘Varia Viaria’, sobre a repercusión que tivo para esta comarca a construcción e posterior apertura da liña Zamora-A Coruña, e coa instauración do galardón ‘Torques de Honra’. A mostra tamén recolle un percorrido pola historia das comunicacións por terra, dende a época romana ata a actualidade, facendo alusión tanto ó sistema viario como ós distintos medios que por elas circularon.

Do centro de estudios, que pronto cumplirá os 20 anos de existencia, forman parte 30 investigadores de distintas especialidades de toda Galicia, aínda que a maioría pertenecen á comarca do Carballiño. Entre eles, o historiador José Luis Sobrado facía referencia a esta homenaxe ó significado que tivo a chegada do tren. ‘Levábamos esperando por o ferrocarril outros 50 anos, chegou tarde e nun momento no que a situación económica era moi mala, tíñamos unha economía primaria. Se houbera vido antes o desenrolo da zona sería mellor, porque sempre estuvo ligado ás grandes vías de comunicación, especialmente a principios do século XX’, apuntou o historiador.

Aínda así, foi un acontecemento moi positivo para todo o entorno. Primeiro, co traballo que a súa construcción aportou para centos de traballadores da comarca e de fora, e tamén polos empregos que xerou despois nas estacións que se abriron en Irixo, Boborás, Maside e Carballiño, da que na actualidade só funciona a da vila cabeceira da comarca. O máis importante, según indicou José Luis Sobrado, foi ‘o avance que supuxo a conexión con Madrid e resto de España, porque daquela a rede viaria era penosa’.

Algunhas das imaxes da construcción da liña son exclusivas, e na exposición tamén se poderán visualizar acontecementos que marcaron a vida do transporte neste entorno.

Instauración do galardón ‘Torques de Honra’

Coincidindo coa mesma conmemoración dos 50 anos de ferrocarril, o Centro de Estudios Chamoso Lamas aproveita para instaurar a entrega de galardóns, que levarán o nome de ‘Torques de Honra’. Nesta primeira edición foron elexidas tres persoas que, según a entidade, ‘axudaron dun xeito destacado á procura da revaloración do patrimonio e da cultura na comarca do Carballiño e do Ribeiro’. Trátase do conselleiro de Medio Ambiente, Manuel Vázquez, o parlamentario Aurelio Miras Portugal e o técnico de Xestión Cultural e museólogo da Deputación da Coruña, Felipe Senén López.

Será unha actividade máis das que ó longo do ano desenrola o Chamoso Lamas, realizando proxectos de investigación, congresos científicos, publicacións, a edición da revista Argentarium e seminarios, entre outras iniciativas.

Colaboracións

En relación coa exposición, os organizadores mostraron o seu agradecemento a colaboración do ‘Archivo de los Ferrocarriles Españoles’ e o fotógrafo coruñés Alberto Martí Villardefrancos. Co seu apoio tamén participa a Dirección Xeral de Promoción Cultural da Consellería de Cultura e as asociacións Asofer e Carrileiros da Foula.

Te puede interesar