Unha festa clausurou os xogos para rapaces do rural carballiñés

Un grupo de rapaces disfruta da festa de clausura, no centro Xogaventura. (Foto: Martiño Pinal )
O centro lúdico Xogaventura do Carballiño acolleu ó mediodía de onte unha festa de agasallo ós nenos e nenas que participaron no programa ‘Xoga Rural’ dende o pasado mes de xullo.
Esta iniciativa patrocinada pola Deputación provincial está orientada ós rapaces das parroquias do rural do municipio co obxectivo de encher os seus ratos de lecer durante as vacacións estivais. Según Xosé Luis Alves, xerente de Xogaventura, ‘houbo unha media diaria de asistencia superior ós 60 nenos, nas xornadas de martes, mércores e xoves, fixadas para as actividades’.


Te puede interesar