O grupo ‘popular’ supedita o apoio ós orzamentos a coñecer o balance económico

O PP carballiñés non votará os orzamentos municipais do 2009 mentres non se coñeza o balance económico do Concello ó traverso dunha auditoría ‘que foi aprobada en pleno pola Corporación pero que aínda non se puxo en marcha’, sinalou o voceiro ‘popular’, Argimiro Marnotes.
O tamén presidente comarcal do PP -acompañado polos seus catro compañeiros do grupo municipalconvidou onte ós medios a un xantar a fin de dar a coñecer a súa estratexia neste aninovo.

Argimiro Marnotes lembrou que ‘iste é o segundo exercicio económico consecutivo que comezamos sen orzamentos, e sospeitamos que o equipo de goberno do Concello vai xogar electoralmente con eles apoiándose en convenios con outras institucións’. Deste xeito, o voceiro do PP asegurou que ‘nós non debatiremos as partidas presupostarias antes das eleccións autonómicas, e non as apoiaremos mentres non teñamos na man os resultados da auditoría das contas municipais’.

Praza de A Veracruz


Marnotes indicou que ‘ante a paralización da xestión municipal, a única forma de saída é unha moción de censura’. Neste sentido, instou ós nacionalistas a facer oposición, ‘xa que cinco máis catro suman nove, pero oito máis cero suman oito’, aludindo á composición numérica da Corporación, na que os socialistas están en minoría. Os ‘populares’ tamén loitarán polo aproveitamento do subsolo da futura praza de A Veracruz para estacionamento de vehículos, e polo retorno do Concello de Carballiño á Mancomunidade comarcal. Ó respecto, Argimiro Marnotes avanzou que ‘xa mantivemos conversas co presidente do ente comarcal, xa que non ten sentido que fagamos consorcios con concellos de fóra’.

Te puede interesar