CITA GASTRONÓMICA

Hoxe comeza a Festa do Pan de Cea coa Ruta dos Fornos e talleres

Tamén terá lugar a cociña en vivo da man da chef ourensá Emma Pinal, ás 17,30 horas na Praza Maior para os nenos, e ás 19,30 e 20.30 horas para os maiores.

Degustacións, showcookings (talleres de cociña) e música centrarán parte do amplo programa organizado para a celebración da XXV Festa de Exaltación do Pan de Cea, que terá lugar este domingo no campo da Saleta. 

Hoxe comezan os actos cunha nova edición da xa consolidada Ruta dos Fornos pola vila de Cea. Nesta ruta, que se desenvolverá entre as 19,00 e as 22,00 horas, participan os catro fornos tradicionais -o da Parapeta, o do Santo, o do Abade e o do Lodaira ou Panadeira- que disporán de pinchos e viño para os visitantes. Esta actividade contará coa animación do grupo “Vai de Baile”.

Tamén terá lugar a cociña en vivo da man da chef ourensá Emma Pinal, ás 17,30 horas na Praza Maior para os nenos, e ás 19,30 e 20.30 horas para os maiores. A xornada do sábado pecharase cun concerto de Lichis, ás 23 horas. 

Te puede interesar