O próximo luns, 2 de abril , póñense en marcha no Concello de Piñor os talleres de estimulación da memoria, destinados a persoas maiores que desexen recibir estimulación cognitiva dunha forma dinámica e divertida. O principal obxectivo destes talleres consiste en 'traballar a prol da prevención dos deterioros que aparecen coa idade', segundo apuntaron os responsables do departamento de Servizos Sociais.
Esta actividade desenvolverase cada luns, mércores e xoves, das 16,30 ás 19,00 horas, no Centro Social de Piñor.
As autoridades municipais animan ás personas maiores a participar para mellorar a súa memoria e compartir un tempo cos demáis veciños.
Todos os interesados deberán anotarse previamente nas dependencias municipais en horario habitual de oficina, a fin de coñecer a demanda e organizar os talleres.