As melloras na N-541 reforzarán a seguridade

Lorena Peleteiro e Uxía Tizón visitando as obras da N-541.
photo_camera Lorena Peleteiro e Uxía Tizón visitando as obras da N-541.
Os socialistas de Punxín valoran "moi positivamente" os traballos realizados na estrada

O PSdeG-PSOE de Punxín valora “moi positivamente” os investimentos levados a cabo polo Goberno central, a través do Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana, na N-541 ao seu paso polo municipio. As socialistas salientan que se trata dunha obra que permitirá mellorar a seguridade viaria na estrada. 

A portavoz en Punxín, Lorena Peleteiro, e a deputada do PSdeG-PSOE de Ourense no Congreso, Uxía Tizón, visitaron as obras que se están levando a cabo nesta estrada, destacando que se trata dunha obra “clave en materia de seguridade” e afirmaron que esta actuación “é moi importante, xa que redundará e permitirá unha maior seguridade para os usuarios e usuarias que empregan a diario esta estrada”. 

Lorena Peleteiro aproveitou a visita da deputada nacional para trasladarlle as inquedanzas dos veciños de Barbantes, debido ao estado no que se atopan as beirarrúas da estrada, que necesitan unha reforma. As obras na N-541 consisten na mellora da canalización e a drenaxe da estrada.

Te puede interesar