Un milleiro de clientes votou as mellores tapas na segunda edición do concurso

A segunda edición da ‘Olimpiada da Tapa’, que organiza a Concellería de Turismo do Carballiño coa colaboración de 13 establecementos de hostelería da vila, está a despertar gran interese entre veciños e visitantes. Según apuntou o responsable desta área municipal, Manuel Dacal, ‘na pasada fin de semana rexistouse unha participación de máis de 1.000 clientes, os días 22 e 23 de xaneiro’.
Os propietarios dos locais manifestaron o seu agrado ante a boa acollida desta segunda fase do certame, no que se clasificaron o ano pasado nas tres primeiras posicións os mesóns ‘A Trabe de Ouro’ e ‘Do Pulpo’ e a cafetería ‘Ningures’, que optan nesta nova edición a revalidar os seus títulos.

O concelleiro de Turismo sinalou que ‘o número de comensais que está a probar as tapas incrementouse no 2009, gracias ó bó resultado e a calidade dos productos ofertados polos hosteleiros’. Según os datos que manexa na actualidade a Concellería de Turismo, na segunda semana do concurso rexistrouse un total de 1.028 votacións, repartíndose estas papeletas dun xeito moi equilibrado entre os 13 establecementos participantes e unha media de 90 votantes en cada un deles. No que se refire ás puntuacións, dous dos locais participantes destacan entre o resto, con 1.037 e 801 puntos, respectivamente.

Xurado Cabe sinalar que cada cliente pode otorgar unha puntuación de entre un e cinco a cada unha das tapas que ofrecen os establecementos o venres e o sábado, nunha competición que rematará a vindeira fin de semana. O resultado das votacións será estudiado por un xurado de expertos, e o fallo coñecerase o vindeiro 14 de febreiro, no decurso do xantar oficial da ‘Festa da Cachucha’, que se celebrará nunha carpa instalada na Praza do Emigrante.

Te puede interesar