Os minusválidos do centro ocupacional do Carballiño terán axuda para o seu traslado

Amil e Rodríguez (esquerda), Lago e Ferreiro (dereita). (Foto: Martiño Pinal)
A presidenta da Asociación de Pais de Discapacitados Psíquicos (Aspadisi), Xosefa Rodríguez, terá un merecido descanso o ano que vén se se cumpren as previsións da Vicepresidencia da Xunta.
É que esta muller é a conductora da furgoneta que traslada dende os seus pobos as 20 per soas que traballan no Centro ocupacional de minusválidos do Carballiño, e tal e como comenta ela, ‘facendo unha media de 170 quilómetros diarios dende distintos puntos da comarca ata a vila’.

Así, a secretaria xeral do Benestar, María Xesús Lago, e o delegado provincial de Vicepresidencia, Ferreiro Abelleira, comprometéronse á contratación dunha persoa para que se encargue do transporte dos alumnos deste módulo laboral, a partires do vindeiro mes de xaneiro.

Asemade, María Xesús Lago tamén anunciou a ampliación do convenio actual con Aspadisi, que permite concertar 17 prazas de traballadores no centro, e que supón un investimento superior ós 79.000 euros neste ano.


Te puede interesar