Música e talleres para apoiar a cultura galega

A programación do festival 'Orcellón fala e canta', organizado polas agrupacións culturais Avantar, Serandeiros, Pepa Loba e Cine Clube do Carballiño, continúa neste mes de maio cunha serie de actividades encamiñadas ó fomento e divulgación da cultura galega na comarca.
Así, tra-las xornadas de exaltación 'gaiteira' nos locais de hostelería da vila, e o 'serán' celebrado no colexio público de Boborás, na pasada fin de semana, para este venres, día 13, está previsto para as 11,00 horas un percorrido polo 'Roteiro de Manuel María', con saída dende o Gran Balneario e chegada a Eira de Flores.

Na mesma xornada, ás 23,30 horas, a cafetería Novo Flamingo acollerá unha 'foliada interactiva', coa participación de gaiteiros, cantores e pandereteiras.


LECTURA

A organización promoverá no Día das Letras Galegas unha lectura de textos de Lois Pereiro, dende as 12,00 horas, na Praza Maior, rematando o programa o sábado 21 de maio cun taller de elaboración de instrumentos tradicionais, no Centro Sociocomunitario, ás 11,00 horas.

Te puede interesar