Piñor disporá dun novo edificio de usos sociais

Así será o futuro edificio multiusos de Piñor.
photo_camera Así será o futuro edificio multiusos de Piñor.

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda financia este proyecto no que invirte 450.000 euros

A Xunta de Galicia licita por máis de 450.000 euros as obras de construción do novo edificio de usos múltiples de Arenteiro, no concello de Piñor. A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda publicou esta semana a licitación na Plataforma de contratos públicos, cun prazo de presentación de ofertas aberto ata o martes 7 de decembro.

A actuación, cuxo prazo de execución é de 11 meses, consiste na construción dun edificio, cunha superficie de 372 metros cadrados, destinado a usos múltiples para realizar tarefas sociais e deportivas.

Habilitaranse dous andares, cunha planta baixa e unha planta primeira. Tal e como se recolle no proxecto, o andar baixo está pensado para albergar unha das salas do edificio, os aseos, o cuarto de instalacións e o almacén; mentres que no primeiro andar, habilitarase unha sala de maiores dimensións con gradas retráctiles, almacén e unha solaina. A conexión vertical entre ambos andares resolverase coa instalación de ascensor e a construción dunha escaleira. 

As carpinterías exteriores serán de aluminio con rotura de ponte térmico e dobre vidro con control solar, e a cuberta terá un armazón de madeira laminada e acabado de tella cerámica plana vermella. En canto ás carpinterías interiores, disporanse portas cegas dunha folla. O edificio habilitarase para garantir os mellores servizos aos veciños de Piñor.

Te puede interesar