A plataforma da Veracruz eleva á Fiscalía as reivindicacións

Os integrantes da Plataforma pola Defensa do Contorno da Veracruz presentaron onte ante diferentes organismos e institucións as reivindicacións que plantexaron ante o Concello do Carballiño, e que as autoridades municipais asumiron na súa práctica totalidade para acometer a modificación do proxecto de praza pública.
O documento correspondente foi remitido á Dirección Xeral de Patrimonio, á comisión mixta Xunta-Igrexa e tamén á Fiscalía especializada en delitos contra o patrimonio cultural e histórico. Neste aspecto, a plataforma insta 'á conservación e mantemento no seu estado actual da praza axardinada na área de servizo da fachada sur do templo, por conformar unha unidade inseparable co monumento e estar expresamente protexida pola lei do Patrimonio Cultural de Galicia'.


DANOS

Pola outra banda, os membros da plataforma consideran que 'tampouco é admisible avanzar na liña de edificabilidade ata as inmediacións do templo, xa que o perímetro de protección definido na declaración de Ben de Interés Cultural prohibe perxudicar a visibilidade do monumento, tal e como sanciona a Lei de Patrimonio'. Neste caso, fan referencia á construcción do muro perimetral e á ampliación da rúa dos Canteiros, ademais dos danos producidos pola execución do proxecto, coa aparición de grietas no interior da igrexa, que consideran deben ser reparadas.

Te puede interesar