A plataforma contra o muro do proxecto da Veracruz xa recolleu 800 sinaturas

O colectivo de comerciantes, industriais, hosteleiros e veciños particulares que se opón ó levantamento dun muro de contención dentro do proxecto de praza no contorno do templo da Veracruz xa recolleu perto de 800 sinaturas. A campaña reivindicativa iniciouse o pasado mércores nos establecementos públicos da vila do Arenteiro, 'e ó día de hoxe xa superamos as 750 sinaturas recollidas', apuntou onte un dos voceiros da plataforma veciñal, José Luis Alves.
'O obxectivo desta campaña é que as autoridades competentes cheguen a un acordo para que a construcción deste muro se paralice e se acade un consenso para unha alternativa arquitectónica', lembra Alves.

A plataforma ten o apoio de prestixiosos expertos en Historia, Arte e na propia traxectoria de Antonio Palacios, o arquitecto que deseñou A Veracruz, coma é o caso do carballiñés Felipe Senén López, na actualidade técnico responsable de Cultura na Deputación de A Coruña. 'Imos continuar coa recollida de sinaturas, para comprobar cal é o grao de oposición que hai a este proxecto, que semella ninguén viu antes', manifesta o voceiro da plataforma.

As obras da praza pública da Veracruz estanse a desenvolver dende o pasado mes de xaneiro, cun orzamento de 1,3 millóns de euros, que financia a Consellería de Infraestructuras.

Te puede interesar