Podemos propón ubicar o centro de saúde de Carballiño na estación de tren

Defenden que eses terreos reúnen os requisitos necesarios para ubicar o novo Centro Integral de Saúde

A formación Podemos O Carballiño presentou ao Concello unha proposta de ubicación do futuro centro de saúde. Refírese aos terreos ubicados próximos a estación de tren, que segundo afirman, reúnen os requisitos necesarios para ubicar o novo Centro Integral de Saúde. 

Podemos apunta a dúas parcelas, unha de 1.590 metros cadrados, de titularidade municipal, e outra de 5.803 metros cadrados cuxa propiedade é de ADIF.

Engade que solicitando a cesión de dito solar a ADIF ou unha posible compra ou permuta, conxuntamente coa parcela que xa é de titularidade municipal, se complementa un solar de uns 7.393 metros cuadrados, “espazo suficiente para a creación do Centro Integral de Saúde”, que disporía de 70 a 100 prazas de aparcamento e que entraría dentro das especificacións marcadas por Sanidade.

Te puede interesar