Promoción dos hábitos saúdables entre os escolares

A área de Benestar Social e a de Sanidade do Concello do Carballiño están desenvolvendo un programa de promoción de hábitos saúdables nos centros educativos da vila. O obxectivo é mellorar a saúde e a calidade de vida do alumnado. En concreto, están inscritos neste programa, que comezou o pasado mes de marzo, os dous institutos, o colexio Sagrado Corazón e o centro da Uceira.
Na última semana, as técnicas traballaron cos alumnos do Instituto Chamoso Lamas sobre a importancia dunha boa alimentación, sobre a hixiene persoal e sobre os beneficios de realizar de forma periódica exercicio físico. Para a edil de Benestar Social, Purificación Alberte, 'estos programas están resultando moi positivos, pola boa acollida e interés que manifesta o alumnado'. Este programa finalizará en maio, pero terá continuidade no próximo curso 2013/14.

Te puede interesar