O PSdeG reclama intercambios estudiantís con Irlanda

Os socialistas do Carballiño instan ao Concello a impulsar o intercambio estudiantil entre a nosa comarca e Orenmore (Irlanda), un proxecto que anunciaran as autoridades locais o pasado mes de abril, 'e do que nada se sabe a día de hoxe', segundo sinala este grupo da oposición.

O PSdeG afirma que hai moitas familias interesadas neste programa de intercambio dirixido a estudiantes de Secundaria e que transmitiron a este grupo 'a súa preocupación ao non ter información sobre dito intercambio'. Engaden os socialistas que tras consultar a Orenmore “descubrimos que tentaron poñerse en contacto co Concello do Carballiño en numerosas ocasións pero atoparon a calada por resposta”.
Por eso, esixen ao grupo de goberno que informe do estado das xestións realizadas e se poña en contacto coas familias interesadas, facilitando o intercambio de información coa parte irlandesa

Te puede interesar