O PSdeG reclama a Marnotes
que defenda
o xulgado

O grupo municipal do PSdeG do Carballiño considera que o alcalde Argimiro Marnotes “segue a manter un dobre xogo, e a antepoñer os intereses do PP aos dos cidadáns, como demostrou no pleno ao non apoiar a moción presentada polos socialistas na que se pedía a retirada do anteproxecto de reforma da Lei Orgánica do Poder Xudicial".

Este grupo da oposición acusa a Marnotes de facer "un novo paripé" ao presentar unha moción en defensa do xulgado meramente testimonial, que os socialistas sí apoiaron; e logo votar en contra da presentada polo PSdeG na que se pedía directamente e con contundencia a retirada deste anteproxecto de lei.

Neste senso, avanza que seguirá tomando medidas para defender o xulgado, como xa fixo uníndose á campaña de recollida de sinaturas ou organizando unha charla informativa co voceiro dos socialistas galegos no Parlamento, José Luís Méndez Romeu.

Este acto tivo lugar na tarde do pasado xoves e, segundo manifestan os socialistas do Carballiño, "contou cunha gran asistencia de público o que demostra que á cidadanía lle preocupa esta cuestión e está claramente en contra de quedar sen o xulgado”, sinalan.

O rexidor municipal propuxera a aprobación dunha moción conxunta entre o PP, PSdeG e BNG, que finalmente non foi posible pola diferencia de opinións.

Argimiro Marnotes asegura que está en contra da desaparición do xulgado do Carballiño pero "con independiencia de como funcione o sistema xudicial, nos non queremos que desaparezan os partidos para que non desapareza a comarca, pero o sistema xudicial hai que cambialo, e o anteproxecto terá tamén aspectos positivos", puntualizaba.

Te puede interesar