O PSOE insta a cumprir os acordos do pleno en Punxín

As concelleiras socialistas afirman que no que vai de mandato presentaron 27 mocións das que 17 foron aprobadas

O PSdeG-PSOE de Punxín vén de presentar unha moción na que insta ao goberno municipal ao cumprimento dos acordos plenarios acadados e a creación dunha comisión permanente para o seguimento e control das mocións aprobadas. As concelleiras socialistas afirman que no que vai de mandato presentaron 27 mocións das que 17 foron aprobadas, pero, “a día de hoxe, a maioría delas seguen sen executarse”. 

As socialistas subliñan que mocións como a mellora da cobertura móbil e de internet, a reforma do centro de saúde, a mellora da rede de abastecemento para rematar coas fugas existentes ou a creación dunha páxina web “seguen agardando nun caixón ante a inacción do goberno municipal conformado polo Partido Popular e un concelleiro non adscrito”.

Por este motivo, este grupo da oposición insta ao goberno local a traballar para executar os acordos.

Te puede interesar