O PSOE reclama máis horas de axuda no fogar en Punxín

O grupo municipal do PSOE en Punxín pon en duda a afirmación do goberno local sobre a asignación de 1.632 horas para a prestación do servizo de axuda no fogar no municipio, “cando a realidade é que a día de hoxe segue sen prestárselle á veciñanza o servizo tal e como o teñen recoñecido”. Este grupo cricita ao goberno de Punxín, conformado polo Partido Popular e un concelleiro non adscrito, por “mirar para outro lado namentres os seus socios na Xunta desleixan aos nosos maiores e o noso Concello”. 

A portavoz socialista, Lorena Peleteiro, afirma que “levamos meses advertindo da falta de horas coas que conta o Concello para a prestación deste servizo” e apunta a que o alcalde e o seu grupo de goberno “deixan abandonada á veciñanza por non pedir ante os seus xefes en Santiago algo que é de xustiza”, e instan ao goberno a traballar para acabar coas listas de espera

Te puede interesar