O pulpo á feira, un atractivo máis do Belén Vivinte do parque etnográfico

A Asociación Cultural Nuada organiza por cuarto ano consecutivo o Belén Viviente, que nesta edición contará coa presenza de pulpeiras para que os asistentes podan degustar o pulpo á feira. A actividade está prevista para o 27 de decembro, as 18.30 horas, na Pena dos Namorados.
A presidenta da entidade, Mercedes García, xunto coa tesoreira, Susana Delgado, e o concelleiro de Turismo, Manuel Dacal, presentaron o programa, que conta co apoio do Concello, a Asociación de Comerciantes, a Diputación e varias empresas locais. Máis de 50 persoas participarán neste Belén, que non só reúne a xente do Carballiño senón tamén doutros concellos da comarca e do Ribeiro. Asimismo, Nuada tamén conta coa presenza de colectivos como a Coral Polifónica do Casino e o grupo de teatro Tiruleque.

A representación durará unha hora e os asistentes terán a oportunidade de disfrutar coas distintas esceas alusivas a Anunciación, a chegada dos pastores, dos Reises Magos, e unha ampla variedade de oficios, costumes e tamén de animais como porcos, burros, cabalos e galiñas.

Te puede interesar