Punxín e Toén xa contan con servizos financieiros

monedas_result
photo_camera monedas_result

O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, subliñou que o 98% dos concellos galegos teñen acceso a servizos financeiros, fronte ao 60% da media española, o que converte a Galicia na segunda comunidade autónoma de España coa maior porcentaxe de concellos no seu territorio na que os veciños teñen garantida a accesibilidade a estes servizos.

Miguel Corgos, acompañado polo delegado da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, asinou hoxe cos alcaldes de Punxín e Toén, sendos convenios para a posta en marcha de servizos financeiros nestes municipios. 

Estes convenios enmárcanse no novo prazo de adhesión aberto en febreiro ao protocolo de colaboración asinado entre o Goberno galego e a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) e dirixido a aqueles concellos que na actualidade aínda non contaban con servizos financeiros. 

Unha vez que se remate esta segunda rolda, apuntou o conselleiro que o 99% dos concellos galegos terán acceso aos servizos financeiros no seu propio municipio, co que se cumpre o obxectivo da Xunta de loitar contra a problemática que supoñía o acceso aos servizos bancarios no rural, evitar a exclusión financeira e promover que toda a poboación galega, con independencia do seu lugar de residencia, teña acceso aos servizos financeiros.

Te puede interesar