Estará instalado nun vehículo da Policía Local durante unha semana
A Policía Local do Carballiño inicia hoxe unha campaña de control de tráfico no casco urbano. Para elo utilizará un radar estático que se colocará nun dos coches policiais e se instalará nas principais avenidas e travesías da vila, co obxectivo de efectuar un control de velocidade dentro do casco urbano e nos accesos ás parroquias máis próximas.
Concretamente, o radar situarase nas avenidas 25 de Xullo, especialmente, na zona dos Catro Camiños, na avenida Castelao, no acceso a Arcos, e en toda a parte norte do Carballiño. Tamén se instalará no resto das travesías, avenidas e rúas máis transitadas, como a avenida do Balneario, Xulio Rodríguez Soto e a avenida do Parque, entre outras.
Os controles realizaranse durante toda a semana e obedecen á demanda veciñal de vixiar o exceso de velocidade dalgúns vehículos, que non respetan o límite establecido para circular.
Esta campaña ponse en marcha de xeito periódico na vila, coa colaboración da Xefatura Provincial de Tráfico e ten como finalidade mellorar a seguridade e evitar as infraccións que se producen na vila.
O radar fai en torno a unos seis anos que se está utilizando no Carballiño gracias a un convenio que suscribiu o Concello coa Dirección Xeral de Tráfico. O control realizase en función da disponibilidade do equipo, tamén dos axentes operativos da Policía Local e da demanda existente por parte da cidadanía, co fin de loitar contra o exceso de velocidade.
Os responsables da Policía Local declaraban que o seu uso varía dun ano a outro, en función fundamentalmente das queixas dos veciños.
Por outra parte, tampouco poden precisar o número de infraccións que se rexistran nin as sacións impostas porque se pasan directamente á Dirección Xeral de Tráfico, que se encarga de comunicarllo ao infractor, xa que habitualmente os axentes non informan sobre a sanción.