Os rapaces do rural dispoñen de seis xornadas lúdicas no Carballiño

O vindeiro luns inaugúrase no centro Xogaventura do Carballiño o tradicional programa de actividades lúdicas que patrocina a Deputación Provincial de Ourense e que rematará o día de Fin de Ano.
Trátase de ‘Xoga Nadal’, un proxecto de animación no que os auténticos protagonistas son os nenos de idades comprendidas entre 4 e 14 anos que viven na zona rural do municipio carballiñés.

Os rapaces das 15 parroquias da periferia urbana da vila do Arenteiro dispoñen dun horario de 10.00 a 13.00 horas para participar en obradoiros de reciclaxe e artesanais, xogos de iniciación á aventura, debuxo e pintura os días 22, 23, 24, 29, 30 e 31 de decembro. Esta iniciativa dálle continuidade ó programa ‘Xoga Rural’ do verán, no que participaron 486 nenos e nenas, apunta José Luis Alves, xerente de Xogaventura.

‘Cremos que as datas do Nadal son moi importantes para facer realidade este proxecto, xa que nelas os rapaces están de vacacións e as ofertas de lecer das que dispoñen no rural non son moi participativas, e deste xeito podemos contribuir a dinamizar a vida comunitaria’, sinala o coordenador de ‘Xoga Nadal’.

Te puede interesar