Os socialistas critican a falta de calidade das festas patronais

AAgrupación Local do PSdeG-PSOE do Carballiño manifesta o seu malestar polo 'desinterese e improvisación que posúe o grupo de goberno do Concello polo programa presentado de festas do San Cibrao'. Os socialistas suliñan que, cun orzamento anunciado de 60.000 euros, 'preséntase un programa onde non se contrata unha orquesta de relevo no panorama musical, algunha actuación ou calquera agrupación ou conxunto que destaque en algo, ben sexa para o público infantil, xuvenil ou para maiores'.
O secretario local do PSdeG, Francisco Fumega, apunta que'coa inexistencia de concellerías de tal importancia coma Turismo e Cultura, o alcalde do Carballiño está a deixar que poboacións como Cea, Maside, Dacón e outros núcleos de moito menor relevo organicen unhas festas de moito maior calado, que xa desprazaron a nosa vila como referencia comarcal neste tipo de eventos'.


XESTIÓN

Ós socialistas chámalles a atención que nos pobos citados 'se barallen uns presupostos semellantes', mentres no Carballiño a desidia e falta de traballo por parte do Concello indican que hai un abandono da xestión e do apoio ás festas e ós propios veciños. Finalmente, o PSdeG carballiñés reclama que o alcalde 'tome as rendas e comece a gobernar'.

Te puede interesar