O CARBALLIÑO

Talleres sobre violencia machista para escolares

photo_camera Alumnos do colexio de Maside asisten a unha aula taller sobre violencia.

En concreto, nesta primeira experiencia participou o alumnado de 5º e 6º de Primaria desta localidade, e está prevista unha segunda convocatoria para os escolares de 1º da ESO, do mesmo municipio.

O Centro de Información da Muller (CIM) do Carballiño puxo en marcha unha experiencia piloto de ámbito comarcal con motivo das actividades programadas dentro da conmemoración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, que tivo lugar o pasado domingo. Así, comezou en Maside unha serie de aulas taller formativas sobre violencia de xénero. 

En concreto, nesta primeira experiencia participou o alumnado de 5º e 6º de Primaria desta localidade, e está prevista unha segunda convocatoria para os escolares de 1º da ESO, do mesmo municipio.

Estes obradoiros, que son impartidos pola psicóloga e a asesora xurídica do CIM, desenvólvense dun xeito dinámico e interactivo, sendo un modelo de formación dirixido a captar e sensibilizar aos mozos sobre este tipo de violencia mentres reflexionan pero ao mesmo tempo divírtense.
Para hoxe, ás 19,30 horas, está prevista no Concello de Carballiño unha charla da presidenta da Federación de Mulleres Rurais, “Fademur Galicia”, Rosa Arcos, que falará da violencia machista.

Te puede interesar