O Concello impuxo esta medida, que supón gastos para a hostelería

As terrazas en rúas contráfico deben ter tarima

A Concellería de Servizos Públicos do Carballiño introduxo nesta tempada de verán unha novidade respecto da instalación de veladores na vía pública por parte dos establecementos de hostelería. Así, aqueles bares, cafeterías ou restaurantes con mesas de terraza en rúas onde haxa tránsito de vehículos deberán colocar éstas sobre unha tarima sinalizada con balizas, a fin de evitar calquera tipo de accidente.
Unha medida que é obrigatoria para os propietarios de locales das rúas Aldara, Cesáreo Tizón, Curros Enríquez, Margarita Taboada e Martínez Avellanosa, entre outras; das avenidas do Conde Vallellano, Julio Rodríguez Soto e Balneario, ademais da estradas a Ourense e Ribadavia. Un dos hosteleiros afectados, Víctor Fernández, xerente dunha tapería na rúa Enríquez, lembrou que 'o ano pasado propuxen ó Concello poñer unha tarima para catro mesas, dixerónme que non podía e tiven que gastar máis de 1.000 euros en xardiñeiras e mamparas de protección'.

Agora, deberá desembolsar un mínimo de 100 euros para colocar un pavimento de madeira a nivel da beirarrúa, tal e como fixa a nova normativa. Outros propietarios optaron por estructuras que combinan o aluminio fixado sobre a fachada ou o propio asfalto, co obxectivo de cubri-las mesas cocun toldo para o sol ou a chovia, cuns gastos que poden chegar ata os 600 euros.

O xefe da Policía Local, Francisco Valeiras, sinalou que 'a concelleira de Servizos, María José Pérez, solicitounos un informe encol das terrazas, e nós recomendámoslle este tipo de instalacións, que nalgúns casos teñen que ser obrigatorias debido á perigosidade potencial do paso de automóbiles polas zonas onde están ubicadas'. O responsable policial engade que 'o máximo de ocupación da vía pública por este tipo de veladores non pode exceder dos 25 metros cadrados, é dicir, o estacionamento de dous vehículos'. O Concello incorporará esta medida á ordenanza municipal de terrazas'.

Te puede interesar