Os vándalos destrozaron casetas de aseos, carteis e farolas no Parque de Carballiño

O interior de casetas dos aseos públicos, farolas do alumeado e carteis informativos apareceron destrozados no Parque do Carballiño. O Concello denunciará os feitos para que a Policía Local faga unha valoración dos danos causados. Os autores dos destrozos aínda non foron identificados polos axentes, que iniciaron unha investigación.
Unha serie de actos vandálicos derivaron nos estragos rexistrados no Parque municipal do Carballiño na noite do pasado xoves. O concellerio de Medio Ambiente, Bernardo García, visitou na mañá de onte esta paraxe natural, a fin de comproba-los destrozos das portas dos aseos ubicados preto da zona de As Bar cias, nos que apareceron varias piletas e urinarios completamente rotos e destrozados.

O edil nacionalista tamén veu os destrozos causados nun bó número dos carteis que o Concello espallara polo Parque para a identificación das especies arbóreas. Alguns deles xa foron repostos polos alumnos do taller de emprego, pero outros son irrecuperables, polo que terán que ser elaborados novamente, segundo comentou Bernardo García.

Inspección Asimesmo, na inspección realizada polo edil nacionalista apareceron rotas farolas ubicadas no contorno do templete para concertos e da pista de baile, no centro do Parque.

Bernardo García sinalou que ‘mentres non teñamos o informe que realizarán dende a Policía Local non poderemos cuantificar os danos ocasionados polos vándalos’.

O primeiro paso que dará o Concello do Carballiño ‘será repoñer canto antes tódalas estructuras que foron danadas polos vándalos e gamberros, pero o mesmo tempo solicitaremos da Policía Local que intensifique a súa vixiancia nocturna nesta paraxe natural’, indicou o concelleiro.

Asemade, engadiu este responsable que ‘xa iniciamos as xestións para realizar a pertinente denuncia, co obxectivo de localizar e deter ós culpables desta desfeita’.


Te puede interesar