Os veciños de Boborás aprenden a mellorar a súa oratoria

O Concello de Boborás acollerá a segunda edición do obradoiro 'Técnicas de Oratoria e Comunicación Oral', actividade que se realiza en colaboración coa Consellería de Traballo, en concreto coa área de Xuventude. Iste taller desenrolarase no propio salón de plenos da Casa do Concello o vinderio venres, 29 de xuño, ás 20,00 horas, e será impartido por un monitor contratado pola Xunta. A concelleira de Cultura, Patricia Torres, suliña que 'todas aquelas persoas que participen obterán un diploma oficial acreditativo desta actividade'.
Os veciños de Boborás, maiores de 16 anos, que estén interesados, poderán anotarse neste obradoiro ou obter máis información chamando ó Concello en horario de 8.30 a 14.30 horas, ata o mesmo venres.

Te puede interesar