Os veciños de Seoane recollen firmas en contra do PXOM

Consideran que a súa aprobación causaría nesta parroquia graves perxuicios

Os veciños da localidade de Seoane van a recoller firmas en contra da modificación do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Carballiño (PXOM) porque consideran que a súa aprobación causaría nesta parroquia graves perxuicios. A Asociación de Veciños organizou unha reunión informativa na casa do pobo para dar conta do borrador, que afecta tanto á redución do solo urbanizable das aldeas coma a proxectada ampliación do parque empresarial ata os lindes de varias vivendas de Seoane. A reunión suscitou un altísimo interese pola gran preocupación deste asunto, do cal os veciños non tiveron información directa do Concello, a pesar das promesas ao respecto por parte do propio alcalde, Argimiro Marnotes.

O cen por cen dos asistentes solicitaron que a Asociación traslade ás autoridades locais a petición da inmediata anulación do novo PXOM por canto supón de afectación á calidade de vida dos veciños de Seoane, a restrición do desenvolvemento urbano dos núcleos e a agresividade que suporía a integración da suposta actividade industrial á beira das casas.

Te puede interesar