A vila celebra hoxe a súa XVII Festa da Cachucha

Un ano máis volta a ser a cachucha do porco o plato protagonista no Carballiño. A festa xa cumple os 17 anos e coma en anteriores edicións a maioría de restaurantes, bares e cafeterías da vila sumanse a celebración ofrecendo ós veciños e visitantes o mesmo menú, consistente nun suculento cocido a base de cachucha, lacón, chourizo, carne de ternera, verdura e patacas, ademáis de postres típicos do Entroido e viño do Ribeiro, entre outros productos varios.
Este ano son en total 16 establecementos da hostelería os que se apuntaron a esta iniciativa organizada polo Concello do Carballiño.

O prezo pola comida é decisión de cada un dos propietarios.

Paralelamente, haberá un xantar oficial baixo a carpa que instalou o Concello na Praza do Emigrante. O prezo alí sí que está fixado en 12 euros para os comensales que asistan disfrazados e de 17 para aqueles que non se atrevan a facelo.

A xornada gastronómica festiva empezará con bombas de palenque e pasarrúas de charangas, que voltarán despois da comida a recorrer as rúas da vila.

No transcurso do xantar oficial as autoridades municipais darán a coñecer os establecementos ganadores da última Olimpiada de Tapas que se desenrolou durante os últimos fins de semana.

O encontro na Praza do Emigrante está previsto para as 14,30 horas, según anunciaron os organizadores.

Te puede interesar