As Xornadas de Cine rematan con películas e documentais

A programación das Xornadas de Cine e Vídeo (Xociviga) deste ano rematan na Casa da Cultura do Carballiño, cun pase, ás 18.00 horas, do ciclo adicado ó novo director galego Lois Patiño.
Proxectaranse dous dos seus traballos, 'Zuma' e 'Rayito'. A continuación, ás 20.00 horas, Cine Clube ofrecerá o documental 'Non che doe?', realizado por Loreto Costa, membro de Agareso, que recolle o traballo da organización Solidariedade Galega en Nicaragua. No Auditorio municipal proxéctase, ás 18.00 horas, 'Tralas luces', de Sandra Sánchez, presentada no ultimo festival de San Sebastián. A continuación, 'Anos despois', aínda non estreadaen España, e, ás 23.00 horas, 'Todos vós sodes capitáns', premiada en Cannes.

Te puede interesar