Unha adega do Ribeiro elaborará o viño oficial da Rede de Xuderías

O concelleiro de Cultura e Turismo de Ribadavia, José Prieto, transmitiulle ós compoñentes da Rede de Xuderías de España a súa intención de traballar no proxecto de contar cun viño branco oficial de estilo Kosher dentro da rede de cidades e que valga para os organismos diplomáticos españoles.
Prieto manifestou que o Concello de Ribadavia está colaborando con unha adega do mesmo municipio para que 'poida ser unha realidade en vindeiras datas. José Prieto Pérez, acaba de chegar da misión diplomática a Israel promovida pola Rede de Xuderías de España, onde mantivo diferentes reunións con organismos e institucions israelís.

Dende o 12 ao 18 de Marzo, o concelleiro xunto con outros 30 membros da delegación da Red, entrevistouse con Itzhak Navon, ex presidente de Israel, con Moshé Saul, o presidente da Asociación do Ladino (judeo-español), co cónsul de España en Israel, con Sholomo Bohbot, presidente da ULAI (unión de municipios de Israel), entre outras personalidades e entidades que acolleron a delegación española nesta misión, que deu a posibilidade de dar a coñecer Ribadavia e establecer convenios para fomentar o turismo cara á capital do Ribeiro.

De feito o pasado xoves día 15 houbo un acto de promoción das cidades da Rede, con máis de 150 axencias de viaxes, turoperadores e periodistas turísticos.

Te puede interesar