Documentación aportada por veciños do Ribeiro motivou a un grupo de xóvenes de Berán (Leiro) a poñer en marcha unha iniciativa encamiñada a conquerir a declaración do Camiño Xacobeo do Ribeiro. A asociación Berán, sempre en nós remitiulle os datos a nove concellos afectados.
A asociación Berán, sempre en nós pon en marcha unha iniciativa encamiñada a promover O Camiño Xacobeo do Ribeiro. Neste senso, dirixiuse a tódolos concellos polos que, según afirma, transcurría o camiño para pedirlles, previo acordo dos plenos, a implicación no estudo histórico e o seu apoio para conquerir a declaración do mesmo.
Esta entidade de recente creación basease en feitos históricos para afirmar que tal camiño viña do que hoxe é Portugal, arrancando posiblemente de Coimbra. O seu itinerario seguía pola beira do Miño, percorrendo os actuais concellos de Padrenda, Pontedeva, Cortegada, Arnoia ata Castrelo de Miño, cruzaba o río hasta Ribadavia, continuando por Beade, Berán e Lebosende (Leiro). Baixaba a Pazos de Arenteiro, subindo a Astureses, en Boborás, para coller para A Estrada, camiño de Compostela.
Jacobo Almeida, membro da asociación, destaca a importancia da ruta comercial no que atañe ó viño do Ribeiro, tendo en conta, ademais, que das rutas comerciais xurdiron as xacobeas, sinalou Almeida. O proxecto empezou a tomar forma a partires da documentación dispoñible entre veciños do Ribeiro. Este camiño constituía unha importante vía de comunicación comercial con Compostela na Idade Media, manifestan dende a entidade xuvenil.