A 'Baixada de carrilanas' será de 660 metros en Ribadavia

O vindeiro sábado 26 de maio celebrarase en Ribadavia a séptima edición da 'Baixada de carrilanas', baixo o amparo da Federación Española desta especialidade e coa categoría de campionato galego. O programa desenvolverase entre as tres e as oito da tarde, con actividades parellas coma son as exhibicións de golf e de automodelismo, todas elas nas rúas céntricas da vila.
O percorrido deste ano ten unha lonxitude de 600 metros e partirá da rúa López Ramón, pasa pasar polas avenidas Progreso e Salgado Moscoso ata chegar á Porta da Vila. Para as 22.00 horas está prevista a cea de confraternidade e a entrega de trofeos ós gañadores, no Centro Social da Madalena. Os tres primeiros clasificados de cada categoría recibirán unha botella 'Magnum', que conterá viño de adegas da Denominación de Orixe Ribeiro.

No ano 2011 participaron 67 carrilanas procedentes de Portugal (Tondela, Monçao e Vilanova da Cerveira), Asturias, Castela-León e Galicia. Na actual edición, os organizadores contan coa participación de equipos de Benavente, da provincia de Zamora.

Te puede interesar