O BNG propón que os ediles paguen os seus pases ó teatro

O grupo municipal do BNG de Ribadavia propón á Corporación no pleno de hoxe que os concelleiros renuncien 'aos pases de dúas entradas da Mostra Internacional de Teatro das que veñen dispoñendo tradicionalmente, para permitir que o Concello as poida vender ao público en xeral e incremente os seus ingresos'.
A sesión, prevista para as 9,00 horas, abordará a subida das entradas nos espectáculos de sala, de 4 a 6 euros (50% de aumento) para desempregados e xubilados e as entradas de público xeral de menor visibilidade. No caso do público xeral para as zonas de mellor visibilidade proponse pasar de 5 a 8 euros (60% de suba).

O BNG considera excesivo o aumento ós desempregados e tamén apuntan a posibilidade de ingresar un total de '1.768 euros que se poderían recadar a máis', engaden, si os concelleiros abonan as súas entradas.

Te puede interesar